Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O fallo confirma a postura defendida dende sempre polo Concello

- “Pretendían cobrar cada mes máis de 2.000 euros a maiores do seu salario”, destaca o alcalde sobre estas reclamacións

GES Logo

Valga, 10 de xuño de 2022.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de notificar ao Concello unha nova sentenza favorable relativa ao conflito emprendido por membros do extinto Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que reclamaban o cobro de cantidades exorbitadas que superaban os 30.000 euros.

A súa reclamación xa fora desestimada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, que absolveu ao Concello de todas as pretensións do demandante.

Ante esta sentenza, o integrante do GES presentou recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza Galicia solicitando que decretase a nulidade da sentenza do Xulgado de Pontevedra. Pola súa parte, o Concello impugnou o recurso interesando a súa desestimación.

O fallo do Tribunal Superior de Xustiza, datado o 27 de maio, vén a avalar a tese do Concello, desestimando o recurso do membro do GES e mantendo a sentenza inicial.

O goberno local amosa a súa satisfacción por esta nova sentenza favorable aos intereses da administración municipal. “Fallos cama este demostran que os membros do GES non tiñan razón nas súas reclamacións, coas que pretendían cobrar cada mes máis de 2.000 euros a maiores do seu salario”, sinala o alcalde, José María Bello Maneiro.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver