- O responsable da fogata debe cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade necesarias
- Os servizos de emerxencias realizarán un seguimento durante a noite do 23 de xuño para previr posibles incidencias
Valga, 6 de xuño de 2022.
O Concello de Valga ten aberto o prazo de solicitude de permisos para prender as tradicionais fogueiras na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño.
As persoas interesadas en celebrar esta festividade deben acudir, co seu DNI, ás oficinas municipais e cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade precisas e indicando a parroquia e o lugar nos que se acenderá a cacharela, que quedará baixo a súa responsabilidade.
O prazo para tramitar as autorizacións permanecerá aberto ata o martes 21 de xuño ás 14:30 horas nas oficinas do Concello ou descargando a falla de solicitude na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviándoa ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
O listado completo de solicitudes será posto en coñecemento do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés, así como dos servizos de emerxencias, que durante a noite de San Xoán, farán un seguimento das fogueiras para garantir que non se produzan incidentes.
O Concello de Valga fai unha serie de RECOMENDACIÓNS aos veciños que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de fogatas:
- En prol da seguridade, non facer moreas dunha altura excesivamente elevada
- Non facer a fogueira preto de lugares con vexetación
- Con exceso de vento non prender a fogueira
- Evitar usar nas cacharelas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
- Procurar ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
- Non utilizar na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
- Deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar
- En caso de problemas, débese chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é gratuíta)