Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- No certame participaron case 300 imaxes de máis de 60 autores diferentes

- A fotógrafa valguesa resultou premiada polas fotos “Paseos en familia” e “Pedra, papel, tesoira”

foto agora01

Valga, 26 de maio de 2022.

Os espazos públicos de Valga foron protagonistas dos premios Ágora de fotografía convocados pola Deputación Provincial co obxectivo de divulgar os principios nos que se basea a “Rede Ágora”, que busca valorizar o espazo público, a súa recuperación para a cidadanía e fomentar as mobilidades alternativas.

Case trescentas fotografías presentáronse ao certame, da autoría de 62 persoas, entre as que había fotógrafos profesionais e afeccionados. Entre todos eles destacou o nome da valguesa Rosi Pardal Aragunde, que resultou gañadora de dous premios con senllas imaxes tomadas no Parque Irmáns Dios Mosquera.

A primeira, coa que concorreu á categoría Autonomía Infantil leva por título “Pedra, papel, tesoira”, e nela adivíñase a silueta de dous rapaces xogando detrás dun mantel que pende dunha das porterías da pista deportiva do parque. A segunda fotografía premiada foi “Paseos en familia”, na categoría de “Mobilidade inclusiva”, na que aparecen unha muller en cadeira de rodas que pasea polo parque empurrada por unha moza en patíns.

Autonomía infantil Pedra papel tesoira

Mobilidade inclusiva Paseos en familia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver