Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A banda fundada en Cangas do Morrazo musicará textos de grandes autores galegos e lembrará a formacións e artistas clásicos

- O concerto comezará en torno ás 23:00 horas e é gratuíto

GrupoAstarot

Valga, 24 de maio de 2022.

Astarot protagonizará este sábado en Casal de Eirigo a actuación central da Recreación da Batalla, un concerto gratuíto no que o grupo fundado en Cangas do Morrazo sintetizará os seus 39 anos de traxectoria musical, fieis ao seu peculiar estilo de rock fusionado con música e melodías celtas.

O espectáculo que ofrecerán a partir das 23:00 horas enmárcase na xira “Astarot, a lenda do rock galego” e terá unha duración de dúas horas nas que farán un repaso dos clásicos galegos que versionaron ao longo da súa carreira sobre os escenarios e lembrarán a formacións musicais e artistas que marcaron época na cultura galega. É o caso de Los Tamara, Fuxan os Ventos ou Xil Ríos, entre outros.

A banda formada por Juan A. Antepazo (voz principal), Carlos Gandón (guitarras e voz), Loren Treva (guitarras e voz), Carlos Rodal (baixo) e José M. Piedra (batería) aproveitará para presentar o seu noveno traballo discográfico, “Baixo a luz de Breogán”, co que homenaxean dende o rock a autores que marcaron a literatura en lingua galega coma Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Castelao, Xela Arias ou Federico García Lorca. Neste disco Astarot contou, ademais, coa colaboración de destacados músicos coma Xan Cerqueiro ou Bieito Romero Diéguez de Luar na Lubre.

Como preludio deste traballo, o grupo estreou os videoclips “Negro Caravel”, baseado no poema de Rosalía de Castro que se inclúe no libro “Cantares Gallegos”; “Camariñas”, en homenaxe á vila da Costa da Morte; e “Chove en Santiago”, unha versión de melódico rock combinado con música tradicional galega que parte do romance que García Lorca dedicou a Santiago.

 

Cartel Astarot

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver