Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, organizada polo instituto, reuniu a máis de 300 estudantes

- O alcalde e a concelleira de Educación asistiron aos actos e animaron á mocidade a sentirse “orgullosos da nosa fala”

Carreira22 1

Valga, 20 de maio de 2022.

O IES de Valga celebrou esta mañá o acto central conmemorativo do Día das Letras Galegas, a xa tradicional Carreira pola Lingua, unha actividade que contou, ademais, coa participación de alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo.

Antes de dar a saída aos corredores, o novo patio cuberto do instituto albergou un acto ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez. O rexedor instou a toda a mocidade a sentirse “orgullosos da nosa fala” e animounos a seguir “empregando o galego como lingua de comunicación coa familia, entre amigos e en todos os ámbitos”. Bello Maneiro apuntou que o Concello de Valga “sempre deu mostras de querer ao galego” e lembrou que “dende 1992 contamos cun Servizo de Normalización Lingüística”.

No traNscurso do acto actuou unha representación da Banda de Música Municipal que, dirixida por Manuel Villar Touceda, interpretou, entre outras pezas, o Himno de Valga e o Himno de Galicia. Ademais, tomaron a palabra alumnos dos tres centros participantes, o IES e os colexios de Baño e Cordeiro, para ler textos de autores galegos ou relacionados co noso idioma.

Unha vez rematadas as intervencións foi o momento de botar a carreira a prol da lingua. Os corredores tomaron a saída ás portas do instituto e realizaron un percorrido de seis quilómetros que os levou polo Carballiño, Sixto, Senín, Outeiro, estrada da Bouza, Avenida Bella Otero e regreso ao IES, onde se entregaron as medallas aos gañadores nas diferentes modalidades (Primaria, ESO, Bacharelato e adultos).

Para concluír a xornada tivo lugar unha actuación de Lois Pérez, que ofreceu un espectáculo que combinou música, poesía recitada e contos.

Carreira22 2 Carreira22 3

Carreira22 4 Carreira22 5

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver