- As actividades contaron coa colaboración da Unidade de Prevención das Condutas Adictivas
- Participaron trinta persoas que recibiron información sobre os síntomas desta doenza e como controlala
Valga, 19 de maio de 2022.
O Centro de Saúde de Valga, en colaboración coa Unidade de Prevención das Condutas Adictivas, desenvolveu onte varias actividades con motivo do Día Mundial da hipertensión arterial, unha xornada centrada na prevención desta patoloxía, que constitúe o principal factor de risco para padecer enfermidades cardiovasculares.
Trinta doentes participaron nas actividades, que correron a cargo da residente de enfermería familiar e comunitaria do Centro Médico de Baño, Estefanía Freiría, a enfermeira especialista en enfermería familiar e comunitaria, Soraya Méijome, e as residentes de medicina familiar e comunitaria Susana Primo e Ana Solar.
Celebrouse unha charla informativa dunha hora de duración na que se informou aos participantes sobre que é a hipertensión arterial (HTA), os factores de risco e síntomas. Tamén se lles explicou como medila no domicilio e cales son as cifras normais, ademais de ofrecerlles unha serie de recomendacións para controlar a HTA, entre elas a redución do consumo de sal, unha correcta interpretación do etiquetado dos alimentos e a práctica de exercicio físico.
E nisto consistiu, precisamente, a segunda parte da actividade: cunha andaina que tivo como punto de partida o Centro de Saúde e que discorreu por zona coma O Carballiño ou a Lagoa Mina Mercedes.