Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi organizada pola Unidade de Prevención das Condutas Adictivas

- Os participantes percorreron máis de sete quilómetros por distintos lugares das parroquias de Campaña e Cordeiro

RutaMinaM1

Valga, 6 de maio de 2022.
A andaina “A Mina Mercedes”, que esta noitiña percorreu distintos lugares das parroquias de Campaña e Cordeiro, contou con 148 persoas inscritas das procedencias máis diversas. Na antiga mina de extracción de arxila déronse cta veciños de Valga e de localidades da contorna coma Pontecesures, Catoira, Padrón, Caldas, Rianxo ou Dodro; pero tamén doutras comarcas e municipios máis lonxanos: Teo, Ribeira, Santiago, Ordes, Arteixo ou A Coruña, entre outros.

A camiñada arrancou arredor das 21:30 horas. Os participantes, todos con chaleco reflector e lanterna para facerse visibles, percorreron o perímetro da lagoa para continuar, despois, cara O Carballiño. Cruzaron O Forno e chegaron ata as inmediacións do Auditorio, en Ferreirós, para despois dirixirse cara a vía do ferrocarril. En paralelo a esta continuaron cara Campaña para regresar á Mina Mercedes. En total foron uns 7’5 quilómetros de percorrido nos que contaron co apoio de membros da agrupación de Protección Civil de Valga.

A actividade foi organizada pola Unidade de Prevención das Condutas Adictivas, entidade da que forma parte o Concello de Valga, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables e a actividade deportiva como alternativa a outras condutas ou substancias perniciosas para a saúde.

Todos os participantes recibiron como agasallo unha mochila co lema “100% natural, 0% adiccións” e que incluía no seu interior un tríptico informativo sobre prevención das drogodependencias.

RutaMinaM2 RutaMinaM3

RutaMinaM4

Volver