- Investíronse 80.000 euros no pintado de todas as estruturas metálicas do recinto
- O Concello iniciará os trámites para solicitar unha nova subvención para o cambio do pavimento da pista
Valga, 6 de maio de 2022.
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, estivo esta mañá Valga e visitou, xunto co alcalde, José María Bello Maneiro, o pavillón municipal de Cordeiro, para comprobar o resultado das obras de acondicionamento que se levaron a cabo con financiación deste departamento da Xunta de Galicia.
O Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte asinaron, no seu día, un convenio de colaboración para investir 80.000 euros nesta actuación, posto que as estruturas metálicas se atopaban deterioradas debido á súa antigüidade do pavillón, preto de trinta anos. Os traballos consistiron limpeza superficial e retirada de óxido e corrosión nas zonas en peor estado e a aplicación de pintura especial para ferro, co correspondente lixado e aplicación de imprimación.
A continuación levouse a cabo o pintado das cerchas da cuberta, correas metálicas na zona da pista e das gradas, de todos os pilares metálicos e das vigas e correas metálicas de cuberta nas zonas de subida das escaleiras e nas saídas de emerxencia. Tamén se pintaron as varandas da zona de gradas e as portas metálicas exteriores.
Na súa visita a Valga, o secretario xeral e o alcalde mantiveron tamén unha xuntanza na Casa do Concello na que trataron outras actuacións pendentes de executar nas instalacións deportivas municipais. Neste sentido, o Concello porá en marcha os trámites para solicitar unha nova subvención para cambiar o pavimento da pista do mesmo pavillón.