Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A centenaria, que en xullo cumpriría 106 anos, era a veciña máis lonxeva do municipio

- O goberno municipal trasladou o seu pésame á familia e achegados

MaríaBouzas105 3

Valga, 4 de maio de 2022.

O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento, na xornada de onte, da María Bouzas Senín, a veciña máis lonxeva de Valga, que estaba preto de cumprir os 106 anos de idade. O goberno local, en representación da Corporación e de todos os valgueses, transmite a súas condolencias á familia e aos achegados da centenaria.

María Bouzas, veciña de Cerneira (Setecoros), era a avoa de Valga. En xullo de 2021 cumpriu os 105 anos recibiu, tan faladora e alegre coma sempre, a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, que acompañado por outros membros do goberno local a agasallou cun ramo de flores e uns doces.

A centenaria, que sempre destacou como unha persoa afable e chea de vitalidade e forza, fora quen de superar durante a pandemia e sen apenas síntomas, pero nos últimos meses a súa saúde sufriu un deterioro progresivo ata o seu triste pasamento no día de onte. Os actos fúnebres celebraranse esta tarde, ás 17:30 horas, na igrexa do Divino Salvador de Setecoros, do que María Bouzas era devota, e a continuación terá lugar o enterro no cemiterio parroquial.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver