- A compañía Duende Sico porá en escea a obra “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”
- Terá lugar o día 10 de maio a partir das 17:30, con entrada de balde
Valga, 2 de maio de 2022.
As bibliotecas municipais de Valga teñen programadas varias actividades de artes escénicas para conmemorar o Día das Letras Galegas e a primeira delas celebrarase o día 10 de maio na Casa da Cultura a cargo da compañía Duende Sico.
Trátase dunha representación de monicreques titulada “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”, dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos de idade e que terá unha duración aproximada de 60 minutos.
Marcos e Elba, os protagonistas do espectáculo, son dous cativos que non queren compartir os seus xoguetes, e iso non está ben, por iso os seus xogos e bonecos cobran vida para darlles unha lección. Cancións, bromas, sustos, feitizos máxicos e moitas risas son os ingredientes para que Elba e Marcos e todos os nenos que asistan como público aprendan que todos os tipos de xoguetes, gustos ou afeccións caben nunha persoa.
A actividade dará comezo ás 17:e0 horas e a entrada é de balde.