- A actividade, dirixida a todos os públicos, terá lugar o 6 de maio a partir das 21:30 horas
- As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375
Valga, 22 de abril de 2022.
A Unidade de Prevención das Condutas Adictivas ofrece unha nova actividade dirixida aos valgueses, unha andaina que terá lugar o vindeiro 6 de maio e que se celebrará en horario nocturno, a partir das 21:30 horas.
A ruta, denominada “A Mina Mercedes”, terá como punto de partida esta antiga mina de extracción de arxila e o percorrido, que será circular e de dificultade baixa, terá uns 7’5 quilómetros de lonxitude. A actividade está aberta a todos os públicos, aínda que ten prazas limitadas.
As persoas que queiran participar poden inscribirse ata o 3 de maio nos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375. Tamén está dispoñible a inscrición telemática a través da ligazón https://forms.gle/3jNJhVxhRbux3Lsh9.
Os participantes deberán levar obrigatoriamente lanterna e chaleco reflector.
Ademais, a Unidade de Prevención tamén organiza para comezos de maio en Valga un obradoiro sobre a xestión das emocións. Será o día 5 a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal e o prazo de inscrición remata hoxe.
Nesta actividade formativa os participantes coñecerán métodos para controlar o estrés e a ansiedade e para lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio vital (xubilación, enfermidade, dolo...).
A Unidade de Prevención das Condutas Adictivas é unha iniciativa na que colaboran os concellos de Valga, Padrón, Rois e Dodro co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables e concienciar sobre as consecuencias do consumo de drogas.