Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Adquiríronse un total de trece que foron distribuídos polos colexios rurais en función das necesidades

- Deste xeito mellórase a confortabilidade térmica das aulas e espazos educativos

EmisoresCRA1

Valga, 19 de abril de 2022.

Coincidindo co regreso ás aulas tralas vacacións de Semana Santa, o Concello instalou nas escolas rurais do CRA de Valga novos emisores térmicos de baixo consumo.

Adquiríronse un total de trece emisores, de 1.500 e 1.800 vatios, que foron distribuídos polos seis colexios (Campaña, Vilarello, Ferreirós, Chenlo, Xanza e Forno) en función das necesidades comunicadas pola dirección do CRA, co obxectivo de garantir unha maior confortabilidade térmica en todas as aulas e espazos que se empregan para a actividade educativa.

Os emisores teñen corpo de aluminio e incorporan un sistema de alta inercia térmica, o que asegura un rápido quecemento en pouco minutos. Contan, ademais, coa tecnoloxía “Real Warm Elements”, que reduce a dispersión da calor e mantén un nivel de temperatura constante e homoxénea en toda a estancia.

Os novos radiadores son máis eficientes, necesitan menos enerxía o que supón un aforro. Pódense programar (diaria ou semanalmente) grazas ao termostato e non consumen ningún tipo de combustible, polo que son respectuosos co medio ambiente e non xeran fumes nin cheiros.

No referido á seguridade, contan con protección contra o sobrequecemento e tamén con función bloqueo para nenos.

Non necesitan mantemento, a súa instalación é sinxela (sobre pés de apoio ou ancorados á parede) e dispoñen de mando a distancia que permite controlar o dispositivo remotamente.

EmisoresCRA2 EmisoresCRA3

EmisoresCRA4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver