Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O club, que enviou unha delegación de 16 karatekas, foi oitavo no medalleiro nacional

- A competición, que reuniu a máis de 700 participantes, disputouse esta Semana Santa en Cantabria

Karate2022 1

Valga, 18 de abril de 2022.

O Club Karate Valga vén de acadar un novo éxito na súa participación na segunda edición da Copa de España de Estilos, que se disputou esta Semana Santa na localidade cántabra de Torrelavega.

O club valgués enviou á competición, organizada pola Real Federación Española de Karate e que reuniu a máis de 700 deportistas de 115 clubes, unha delegación formada por un total de dezaseis karatekas, que participaron nas categorías de kata estilo Renbukai.

Os resultados foron excelentes, como demostran as once medallas conseguidas polos karatekas do club valgués: catro ouros, dúas pratas e cinco bronces. Isto situou ao Club Karate Valga no oitavo posto do medalleiro nacional, mellorando os resultados que acadaran no ano 2021, cando sumaran oito podios.

Os medallistas foron:

  • Carmen Rodríguez: Ouro en categoría alevín
  • Ángel Rodríguez: Ouro en categoría xuvenil
  • Javier Domínguez: Ouro en categoría sub-21
  • Serafín Pedrouso: Ouro en veteranos
  • Lucía Touceda: Prata en categoría xuvenil
  • Laura M. Francisco: Prata en veteranos
  • Leo Otero: Bronce en categoría alevín
  • Siro Castro: Bronce en categoría cadete
  • Lorena Álvarez: Bronce en categoría sénior
  • Ana Otero: Bronce en categoría sénior
  • Javier Rodríguez: Bronce en veteranos

Xunto a eles competiron tamén nesta Copa de España Nicolás Otero, Roi Blanco, Andrea Gestoso, Iria Varela, e Lara Álvarez que, aínda que non acadaran medallas, realizaron igualmente un gran papel.

O Concello quere trasladar ao Club Karate Valga e aos seus deportistas os parabéns por estes fantásticos resultados e, así mesmo, polo traballos que durante anos levan realizando no ámbito deportivo local, ofrecendo aos rapaces valgueses e dos municipios da contorna a posibilidade de practicar esta arte marcial.

Karate2022 2 Karate2022 3

Karate2022 4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver