Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta mañá realizaron unha nova etapa entre as localidades do Porriño e Redondela

- A peregrinación organizada polo Concello consta de oito etapas e a chegada a Compostela está prevista para o 21 de maio

PorRed1

Valga, 16 de abril de 2022.
Os peregrinos valgueses seguen completando etapas no seu camiño cara Compostela, e esta mañá completaron un novo tramo duns quince quilómetros con saída dende O Porriño.

Como xa acontecera na primeira etapa, a Mina Mercedes foi o punto de encontro dos camiñantes que, dende alí, se desprazaron nun autobús fretado polo Concello ata a localidade porriñesa, para retomar a peregrinación xusto no mesmo punto no que se interrompeu o pasado sábado.

A mañá, solleira pero sen excesiva calor, foi propicia para a actividade e os peregrinos en todo momento acompañados por efectivos da agrupación de Protección Civil e apoiados por un vehículo do Concello que lles ofreceu asistencia a aquelas persoas a que a precisaron.

A etapa de presentou como principal dificultade un tramo duns tres quilómetros entre o albergue de Mos e a capela do Santiaguiño, na que alternaron subidas pronunciadas con outras zonas chás. O resto do percorrido foi suave, sen grandes desniveis e, na zona final, xa no termo municipal de Redondela, incluso con baixadas.

A peregrinación, organizada polo Concello con motivo do Ano Santo 2021-2022, divídese en oito etapas. Santiago, a onde os camiñantes chegarán o 21 de maio, está xa a 85 quilómetros de distancia. O próximo sábado cubrirase o traxecto entre Redondela e Pontevedra e, para as fins de semana seguintes, están programados os tramos Pontevedra-Briallos, Briallos-Casal de Eirigo, Casal de Eirigo-Hotel Scala (Padrón), Scala- Milladoiro e Milladoiro-Praza do Obradoiro. Ademais, o día 4 de xuño terá lugar unha misa na Catedral de Santiago concelebrada por todos os párrocos de Valga.

As persoas que queiran sumarse ao grupo no traxecto entre Valga e Santiago e aquelas que queiran asistir unicamente á misa aínda poden inscribirse no Concello ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., enviando cuberta a folla de inscrición que poden descargar na páxina web do Concello.

PorRed2 PorRed3

PorRed4 PorRed5

Volver