- A actividade formativa tivo lugar o venres no Auditorio Municipal
- O mércores celebrarase outra sesión cunha nova remesa de participantes
Valga, 11 de abril de 2022.
Membros da agrupación de Protección Civil e persoal das diferentes instalacións municipais (Concello, Auditorio, Museo; CODI, ximnasio... entre outras) asistiron na tarde do venres a un curso homológado sobre o emprego do desfibrilador semiautomático (DESA) e soporte vital básico.
A actividade formativa, que combinou teoría e práctica, foi impartida pola enfermeira Eva Alvariñas, que instruíu aos participantes á hora de recoñecer unha parada cardiorrespiratora, a realización da reanimación cardiopulmonar e a utilización do desfibrilador, co que poder prestar os primeiros auxilios e que pode ser fundamental á hora de salvar unha vida.
En concreto, os asistentes coñeceron o modo de emprego do desfibrilador e diferentes aspectos claves para o seu uso sexa exitoso. O propio aparato vai guiando a quen utiliza indicándolle as instrucións e pasos a seguir en caso de emerxencia. Deste xeito, axudándose dun maniquí, dun desfibrilador real e outro simulado realizáronse prácticas de reanimación.
O mércores terá lugar outra sesión do curso cunha nova remesa de participantes.