Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Favorecer a mobilidade sustentable e a seguridade viaria son os obxectivos desta iniciativa

- Os traballos de redacción do proxecto acaban de saír a licitación por 55.560 euros, dos que 50.000 son aportados pola Deputación de Pontevedra

CarreterasViaTren

Valga, 6 de abril de 2022.

O Concello de Valga está a apostar pola mobilidade amable e pola creación de espazos públicos seguros para o seu emprego e goce por parte da poboación e, en concretos, pensados para os desprazamentos a pé ou en vehículos non contaminantes coma as bicicletas. A recente creación dunha senda no lugar do Pino, no trazado do Camiño Portugués; a próxima construción por parte da Xunta dun sendeiro peonil que unirá a estrada PO-548 coa zona do pavillón, tanatorio, colexio e igrexa de Cordeiro; ou a execución, a través do programa ReacPon da Deputación, dunha senda peonil e ciclable na contorna da Mina Porto Piñeiro son algúns exemplos.

A estas actuación engádese agora a intención do goberno municipal de crear unha nova senda de uso exclusivo por parte de peóns e ciclistas no tramo Campaña-Laxes, continuando así coas políticas de redución das prácticas de mobilidade contaminante, favorecendo a seguridade viaria nos diferentes núcleos de poboación, a mobilidade sustentable e a realización de actividade física. Os traballos de redacción deste proxecto, valorados en 55.560 euros, dos cales 50.000 son aportados pola Deputación de Pontevedra a través da Rede Ágora. As empresas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o día 13 de abril.

A senda resultante terá unha lonxitude de 2,5 quilómetros e estaría conectada con puntos de interese turístico e patrimonial coma o embarcadoiro de Santa Cristina, no río Ulla, ou o xacemento arqueolóxico Mercado dos Mouros.

LogoDepo

Volver