Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos son executados pola empresa Vázquez y Reino S.L. e contan cun orzamento de 163.291 euros

- A actuación finánciase a través dun convenio de colaboración entre o Concello e Augas de Galicia

ObraAbastecementoXunta1

Valga, 21 de marzo de 2022.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do organismo Augas de Galicia, está a executar obras de reforzo da rede de abastecemento de auga potable en varios lugares das parroquias de Valga, Campaña e Cordeiro.

No núcleo de Raxoi a actuación consiste nunha ampliación da rede en dous tramos. O primeiro, cara o sur, dará servizo ás vivendas que actualmente non dispoñen do mesmo e o segundo dará servizo á depuradora de auga.

Tamén se actuará en San Miguel, onde se colocará unha condución para unir dous tramos de rede. En concreto, executarase un único tramo que conectará o trazado existente que transcorre pola estrada EP-8501 co trazado que abastece ás vivendas situadas máis ao norte, dando servizo aos inmobles que carecen del na actualidade.

Nas zonas de Torre-Coto, Torre-Mina Mercedes, Castiñeiras, Vilarello e A Devesa substituiranse varios tramos deteriorados das conducións existentes. Executaranse un total de 2.450 metros de canalización.

Os traballos deron comezo no lugar de Castiñeiras e, en próximas semanas, avanzarán polo resto de núcleos recollidos no proxecto. A empresa adxudicataria é Vázquez y Reino S.L. e o orzamento das actuacións ascende a 163.291’11 euros.

Esta intervención forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Valga. En base a este acordo, o Concello aporta o 20% do custe das obras e Augas de Galicia financia o 80% a través do Eixe React UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á crise da Covid-19.

ObraAbastecementoXunta2 ObraAbastecementoXunta4

ObraAbastecementoXunta4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver