Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estase a actuar en viais de Casaldeirigo, A Devesa, Ferreirós, Barro, Louro, Cernadas, Carracido, A Torre e Vilar-Vilarello e acondicionarase unha zona de estacionamento preto da igrexa de Campaña

- Os traballos inclúen a limpeza das marxes, o asfaltado e a instalación de redutores de velocidade

ObraCarretera1

Valga, 17 de marzo de 2022.

Unha decena de estradas de titularidade municipal están a ser acondicionadas como parte dun proxecto de mellora das infraestruturas viarias que o Concello promove para ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.

As vías sobre as que se está a actuar atópanse nos lugares de Casaldeirigo, A Devesa, Ferreirós, Barro, Louro, Cernadas, Carracido, Vilar-Vilarello e A Torre. Estas pistas e camiños atopábanse en malas condicións e presentaban danos debido ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, de aí que se proxectase esta actuación de reparación que inclúe tanto a limpeza das marxes e reapertura de cunetas, coma a pavimentación con aglomerado en quente. Tamén se contempla o recrecido das tapas de rexistro e a instalación de redutores de velocidade para reforzar a seguridade viaria.

Dentro deste mesmo proxecto, que está a executar a empresa Covsa, tamén está previsto acondicionar unha zona de aparcamento nas inmediacións da igrexa parroquial de Campaña, nuns terreos que foron obxecto dun convenio entre o Concello e a Comisión de Montes.

O investimento que se está a realizar ascende a 195.949’40 euros, que se financian a través do Plan Concellos.

ObraCarretera2 ObraCarretera3

ObraCarretera4

Volver