Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elaboráronse arancini italianos, falafel orientais, tacos e pudin con restos de arroz, carne, garavanzos ou pan

- Durante o último mes celebráronse catro obradoiros cunha trintena de participantes en cada un

Aproveitamento1

Valga, 10 de marzo de 2022.

Que facer coas sobras de carne, peixe ou outras elaboracións para evitar comidas repetitivas ou que estes restos acaben no lixo. Esta foi a temática do derradeiro obradoiro da Aula Gastronómica que tivo lugar onte na Casa da Cultura dirixido por Fran Jamardo, Coque Fariña e Rocío Garrido. 

Os tres cociñeiros de Indo e Vindo Gastronomía ofreceron ideas sinxelas para facer novas receitas coas sobras doutros pratos para sacar, así, o máximo partido aos alimentos e evitar o seu desperdicio. É a chamada cociña de aproveitamento, que non só supón un aforro para as familias, senón que tamén ofrece importantes beneficios medioambientais.

Na sesión de onte empregáronse restos dunha elaboración de arroz, sobras de garavanzos, de distintas carnes e de pan para confeccionar un menú formado por tres pratos e unha sobremesa. Foi, ademais, unha viaxe gastronómica por diferentes países, xa que se elaboraron algunhas das receitas de aproveitamento máis tradicionais e populares de Italia, México, Oriente Medio e Reino Unido.

O taller deu comezo coa preparación de arancini italianos, bolas de arroz con forma de pera recheas de carne e queixo e rebozadas. Os falafel orientais aseméllanse na súa forma ás croquetas, pero cunha masa a base de garavanzos cocidos. Neste caso servíronse acompañados por unha salsa de iogur.

A lección culinaria continuou elaborando uns tacos con sobras dun polo guisado con caña de Valga e, por último, con restos de pan duro cociñouse un pudin que se serviu bañado nunha crema de licor café.

Con este obradoiro pechouse a Aula Gastronómica organizada polo Concello durante o último mes. A actividade constou de catro obradoiros centrados na cociña rápida, con conservas, de aproveitamento e doces de Entroido, aproveitando a coincidencia con esta celebración. Aínda que, nun principio, os talleres estaban pensados para vinte participantes, debido á alta demanda abriuse a asistencia a unha trintena de persoas.

 Aproveitamento2 Aproveitamento3

Aproveitamento4 Aproveitamento5

Aproveitamento6 Aproveitamento7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver