Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello sumouse así ao acto convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias

- O alcalde apelou á paz e tivo palabras de lembranza para os pobos de Valga (Estonia) e Valka (Letonia), países fronteirizos con Rusia

ConcentraciónUcraína1

Valga, 9 de marzo de 2022.

Os exteriores da Casa do Concello foron escenario este mediodía dunha concentración silenciosa en solidariedade co pobo ucraíno e contra a guerra e as dramáticas consecuencias humanitarias que está a provocar.

Representantes do goberno local, encabezados polo alcalde, José María Bello Maneiro, traballadores municipais, usuarios do CODI e veciños participaron no acto, que consistiu en cinco minutos de silencio como mostra de apoio a todas as persoas que están a sufrir o conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína. Deste xeito, o Concello sumouse ás concentracións convocadas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en todas as entidades locais do país.

Durante a concentración exhibíronse pancartas coas lendas “Non á guerra” e “Non á invasión” coas bandeiras de Valga e Ucraína, que comparten as cores azul e amarela. Os usuarios do CODI elaboraron os seus propios carteis coa frase “Non á guerra” en diferentes idiomas.

O alcalde fixo un chamamento á paz e o diálogo, xa que “as cousas deben solucionarse negociando e non invadindo un país. Con disparos e carros de combate non se resolven os problemas”. Bello Maneiro engadiu que “estamos con Ucraína, pero tamén cos nosos pobos irmáns de Valga (Estonia) e Valka (Letonia), países fronteirizos con Rusia e onde están moi preocupados pola situación” que se está a vivir no leste de Europa.

ConcentraciónUcraína2 ConcentraciónUcraína3

ConcentraciónUcraína4         ConcentraciónUcraína5

Volver