Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello enviou un ramo de flores na súa memoria e o alcalde e outros edís do goberno acompañarán á familia nos actos fúnebres

- Veciña de Magariños, era a muller máis lonxeva de Valga

dolores1

Valga, 7 de marzo de 2018.

O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento, na xornada de onte, de  Dolores Gil Núñez, que era a veciña máis lonxeva de Valga logo de cumprir 101 anos o pasado verán. O goberno local trasmite as súas condolencias á familia e aos achegados da centenaria.

Como mostra de pesar polo pasamento de Dolores Gil, o alcalde, José María Bello Maneiro, e outros concelleiros do goberno municipal asistirán mañá pola tarde aos actos fúnebres para acompañar á familia nestes tristes momentos e, ademais, o Concello enviou un ramo de flores en memoria da veciña falecida.

Dolores Gil Núñez, veciña de Magariños, cumpriu os 101 anos o 30 de xuño do pasado ano, xornada na que recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, para facerlle entrega dun agasallo de felicitación en nome de todos os veciños de Valga.

dolores3 dolores2

 

Volver