- O xurado reuniuse onte para valorar a creatividade e orixinalidade de cada disfrace
- Os concelleiros de Cultura e Turismo e representantes de asociacións locais formaron parte do tribunal
Valga, 2 de marzo de 2022.
O Concurso de Entroido Virtual xa ten disfraces gañadores. O xurado do certame reuniuse onte no Salón de Plenos para valorar a todos os participantes, un total de trinta e tres, que concorreron ás diferentes categorías que se establecían nas bases.
O tribunal estivo integrado polos concelleiros de Cultura e Turismo, Pedro Calvo e Malena Isorna, e dúas representantes das asociacións Musival e Mulleres Rurais “Albor”, Ana Portas e Rosa Crespo. Entre as cuestións a valorar polos xuíces atopábanse a orixinalidade, creatividade e imaxinación; o uso de materiais reutilizados; o traballo empregado na elaboración do disfrace; e a presentación.
Os gañadores son os seguintes:
Infantil Individual:
- 1º Premio (50 euros): Dama Antiga
- 2º Premio (40 euros): A vella, Martiño e o monte do Outeiriño
- 3º Premio (30 euros): A velliña máis nova da aldea
- 4º Premio (20 euros): O gatiño da casa
Infantil Parellas:
- 1º Premio (70 euros): O mundo máxico de Pinocho
- 2º Premio (60 euros): Tanxuntas
- 3º Premio (50 euros): Pippi Calzaslargas e o señor Nilsson
- 4º Premio (40 euros): Cazafantasmas
Infantil Grupos:
- 1º Premio (90 euros): Foliada no Anexo
- 2º Premio (50 euros): Deserto
Adultos Individual:
- 1º Premio (80 euros): A cabeza no prato
- 2º Premio (70 euros): Desconectando
- 3º Premio (50 euros): Cebola Made in Galicia
- 4º Premio (40 euros): Na casa de papel
Adultos Parellas:
- 1º Premio (100 euros): Nenes felices
- 2º Premio (80 euros): Raíña de Corazóns
- 3º Premio (60 euros): A Barbie e a Nancy
- 4º Premio (40 euros): Andaluces en Galicia
Adultos Grupos:
- 1º Premio (100 euros): Tanxugueiras de Valga
- 2º Premio (60 euros): De romería
Disfrace máis orixinal (100 euros): De hojalata
Mellor disfrace de mulleres representativas da historia (100 euros): Lola Flores
Disfrace con máis “likes” no Facebook e Instagran do Concello (50 euros): A velliña máis nova da aldea
Os premios entregaranse en vales de compra que poderán ser utilizados no comercio local e terán validez durante todo o ano 2022. Para recoller os vales, os participantes deben acudir á Casa do Concello co seu DNI. No caso de menores de idade, debe vir como representante algún dos pais ou titores.
O goberno local agradece a todos os inscritos a súa participación nesta actividade, que por segundo ano se viu afectada pola pandemia. A imprevisible evolución dos contaxios da Covid-19 motivaron que o goberno local decidise ser prudente e non celebrar o tradicional concurso de disfraces presencial para evitar aglomeracións que puideran ocasionar algunha incidencia sanitaria.