Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O CEIP Baño-Xanza e o IES organizaron os seus propios festivais con actuacións do alumnado

- Un grupo de nais do CEP Ferro Couselo elaborou filloas para degustar no centro

EntroidoBaño22 1

Valga, 25 de febreiro de 2021.

Os centros educativos de Valga celebraron esta mañá o Entroido con desfiles, concursos, xogos e degustación de doces típicos.

No CEIP Baño-Xanza os festexos tiveron lugar no pavillón municipal, onde tivo lugar un festival coa temática dos oficios tradicionais. Alumnos e mestres disfrazáronse de panadeiros, gandeiros, carboeiros, cesteiros, azibecheiros, mariñeiros, pailleiras, gaiteiros e ferreiros. Houbo actuacións por partes dos diferentes grupos e, despois, unha merenda con rosquillas antes de continuar coa festa no patio.

No CEP Xesús Ferro Couselo tamén houbo doces de Entroido, neste caso filloas, elaboradas por un grupo de nais de alumnos. Os rapaces participaron nunha xincana de xogos tradicionais e vestiron divertidos disfraces. Neste centro xa veñen celebrando o Carnaval dende comezos da semana. De luns a xoves compuxeron un disfrace de científico, engadindo cada día da semana un novo elemento (bata, gafas, perrucas...). O mércores, ademais, realizaron experimentos no patio.

As escolas rurais do CRA homenaxearon dedicaron cada día da semana a unha temática ou área destacando o papel de distintas mulleres galegas: Ángeles Alvariño (ciencia e oceanografía), Pepa A Loba (lendas, mitos e historia), Rosalía de Castro (literatura e escritura) e Maruja Mallo (arte). Hoxe seguiron as celebracións con disfraces de libre elección.

A comunidade educativa do IES de Valga celebrou o seu propio festival dedicado ás series de televisión. Los Serrano, Las Chicas del cable, Los Simpson, Hospital Central, Los Picapiedra, Arcane, Cazafantasmas ou Verano Azul foron algunhas das ficcións elixidas polo alumnado para esta xornada festiva organizada pola dirección do centro e Anpa. Houbo premios para os mellores disfraces consistentes nunha xornada no Kartódromo de Casaldeirigo, vales para material escolar e vales para consumir na cafetería do IES.

Por último, os máis pequerrechos da Escola Infantil Municipal elixiron a temática de Disney para os seus disfraces. Vestíronse de Olaf, Elsa e Ana de Frozen; de Mogli e unha manda de monos do Libro de la Selva; de mosqueteiros; Blancanieves e os seus enaniños; Peter Pan e Campanilla; e 101 Dálmatas.

EntroidoXFC22 1 EntroidoXFC22 2

EntroidoBaño22 2 EntroidoBaño22 3

EntroidoCRA22 1 EntroidoCRA22 2

EntroidoEIM22 1           EntroidoEIM22 2

EntroidoIES22 1 EntroidoIES22 2

Volver