- O club conta con 197 xogadores de oito categorías diferentes, dende biberón a sénior
- O alcalde e o concelleiro de Deportes participaron nas actividades no campo municipal de Baño
Valga, 13 de novembro de 2021.
O Cordeiro C.F. celebrou esta tarde unha festa de inicio de temporada que serviu como presentación de todos os equipos cos que compite nas diferentes categorías de fútbol base e sénior.
As actividades tiveron lugar no campo de fútbol municipal de Baño e nelas participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, que acompañaron ao presidente do club, José Ramón Seco, e aos demais membros do equipo directivo.
O Cordeiro conta esta temporada con 197 xogadores que forman parte de once equipos de oito categorías diferentes: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior. O sénior B é o equipo de máis recente creación.
Os festexos desta xornada comezaron cunha comida á que asistiron xogadores e outros membros do club. A continuación presentáronse un a un os integrantes de todos os equipos, que fixeron as fotografías oficiais da temporada. Este acto contou coa participación da Banda Municipal de Valga, que interpretou varios temas, entre eles o himno de Valga.
A media tarde, o equipo sénior B enfrontouse ao Unión B nun encontro pertencente ao grupo I da Terceira Galicia. Mentres se disputaba o partido, o resto de nenos puideron divertirse con actividades coma o toro mecánico, a barredora ou tiro a portería. A tarde pechouse cunha merenda para todos os participantes.