Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta farsa teatral foi a única obra que o autor vilanovés escribiu para nenos

- As actividades das bibliotecas rematan o vindeiro martes co espectáculo “A festa dos monicreques” na Casa da Cultura de Valga

Dragón1

Valga, 23 de outubro de 2021.

A única obra que Ramón María del Valle-Inclán escribiu para nenos, a farsa teatral “La cabeza del Dragón”, representouse onte no Auditorio Municipal nun espectáculo de monicreques a cargo da compañía Títeres Cachirulo.

A divertida e emocionante función contou cun abundante público integrado por nenos e familias, que seguiron as andanzas do Príncipe Verdemar que, coa axuda dun trasgo traveso, enfrontouse a bandoleiros e mesmo loitou contra o temible dragón que tiña apresada á filla do Rei.

A actividade foi organizada polas bibliotecas municipais, no marco do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A programación de outono das bibliotecas pecharase o vindeiro martes, día 26, cun novo espectáculo de títeres que terá como escenario a Casa da Cultura de Valga.

A partir das 17:30 horas Laranaitz Producións Artísticas representará “A festa dos monicreques”, con entrada de balde para todo o público que queira asistir.

          Dragón2            Dragón3

Dragón4 Dragón5

Volver