Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A representante da Xunta cualificou o nacemento como “unha xoia” que “merece que xente de toda España o contemple”

- O alcalde amosouse agradecido pola implicación da directora de Turismo co Belén, apoiándoo coas súas visitas e con axudas para que cada edición sexa mellor

NavaBelén22 1

Valga, 22 de febreiro de 2022.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou onte pola tarde o Belén Artesanal en Movemento. A representante da Xunta non tivera oportunidade de achegarse ao nacemento durante as datas de Nadal nas que estivo aberto ao público, pero aínda así non quixo perder a oportunidade de contemplar a montaxe realizada polos membros da asociación Amigos do Belén.

Nava Castro foi recibida polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez, José Ángel Souto e Malena Isorna, ademais dos integrantes de Amigos do Belén, encabezados pola presidenta do colectivo, Mari Carmen Castiñeiras. Esta exerceu de guía e foi explicando unha a unha as novidades incorporadas ao Belén na súa última edición,  a número 27. A erupción do volcán Cumbre Vieja en La Palma, a vacinación contra a Covid-19, a abrupta saída de Donald Trump da Presidencia de Estados Unidos, os medallistas galegos nos Xogos Olímpicos de Tokio..., entre outras.  Aínda que as esceas que máis chamaron a atención da directora de Turismo foron o remate da Volta a España na Catedral de Santiago e a figura do presidente Alberto Núñez Feijóo no vacunódromo da Cidade da Cultura.

Ademais de percorrer o nacemento, Nava Castro aproveitou para comprobar a que se destinou a última subvención concedida por Turismo de Galicia para o Belén Artesanal, uns 18.000 euros que se investiron na adquisición dun compresor, unha serra de ferro, un soldador, unha máquina tupi para carpintería e un equipo de iluminación para facer os efectos da noite e o día. Todos estes materiais empregaranse xa para a próxima edición do Belén, que comezará a prepararse a mediados do mes de outubro. Ata entón, o nacemento, que durante o Nadal recibiu arredor de 25.000 visitas, aínda pode ser visitado por grupos solicitando cita no teléfono 630 95 25 15.

Durante a súa visita, a directora da Axencia Turismo de Galicia referiuse ao Belén Artesanal como “unha xoia” que “merece que toda España o vexa e o coñeza”, por iso animou a dar un novo pulo á solicitude de declaración de Interese Turístico Nacional. Nava Castro fixo especial fincapé na evolución do nacemento durante os últimos anos. “O que vin hoxe non ten nada que ver co que había a primeira vez que vin. É un orgullo ver que as axudas concedidas pola Xunta serviron para ir mellorando ano a ano

O alcalde, José María Bello Maneiro, agradeceulle a súa implicación co Belén, “que demostra visitándoo todos os anos e tamén con subvencións para que cada edición vaia a máis”.

NavaBelén22 2 NavaBelén22 3

NavaBelén22 4 NavaBelén22 5

NavaBelén22 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver