Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Repararanse os pozos de rexistro en Vilar, Vilarello, Carracido, As Eiras, Moldes, Laxes e A Torre para evitar as filtracións de augas pluviais

- As actuacións foron adxudicadas á empresa Vázquez y Reino e teñen un prazo de execución de tres meses

 

Valga, 22 de febreiro de 2022.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do organismo Augas de Galicia, adxudicou obras de mellora da rede de saneamento de Valga cun investimento que rolda os 50.000 euros.

Trátase de reparar os puntos de infiltración de augas brancas nas conducións actuais destinadas ao saneamento. Para isto, procederase á rehabilitación dos pozos de rexistro no entorno dos núcleos de Vilar, de Vilarello e de Carracido, así como nas Eiras-Moldes e en Laxes-A Torre.

As tarefas que se van desenvolver comezarán pola limpeza dos pozos con auga a presión e retirada de residuos, para a correcta aplicación dos materiais na reconstrución de fondos e paredes.

A continuación, executarase ao selado de entradas de auga aos pozos rexistro. Estas tarefas completaranse co revestimento interior como reforzo, tanto estrutural como de impermeabilización, mediante formigón.

Destacan, tamén, os traballos que se levarán cabo no aliviadoiro en Vilar, nos que se inclúe a modificación dun pozo de rexistro. En concreto, procederase á división dun dos pozos de augas pluviais cun tabique de ladrillo enfuscado con morteiro impermeable, que permita elevar a cota efectiva de alivio evitando a entrada das augas pluviais na rede de saneamento durante o período invernal.

Con estas medidas correctoras preténdense atallar os problemas de exceso de caudal e augas altamente diluídas que se reciben na estación depuradora de residuais (EDAR).

As obras foron adxudicadas á empresa Vázquez y Reino e o prazo de execución é de tres meses.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver