Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao acto conmemorativo do 25-N, que estivo presidido polo alcalde e a concelleira de Igualdade, asistiron traballadores municipais e os usuarios do CODI

- O músico Fabián Jamardo interpretou a peza “Silencio americano” coa trompeta

Minuto1

Valga, 25 de novembro de 2021.

Representantes do goberno municipal e traballadores do Concello gardaron esta mañá un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

O acto tivo lugar ás portas da Casa Consistorial e estivo encabezado polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Begoña Piñeiro. Acompañáronos os edís Carmén Gómez, Pedro Calvo e Malena Isorna, empregados municipais e tamén os usuarios do CODI.

Tralo minuto de silencio o músico Fabián Jamardo, integrante da Banda de Música Municipal de Valga, interpretou o tema “Silencio americano” coa trompeta.

Neste 25-N o Concello de Valga adheriuse á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP):

Un ano máis e coincidindo co 40 aniversario desde a súa constitución, a Federación Española de Municipios e Provincias renova o seu compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero, e mostra a súa preocupación ante o aumento dos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas e ex-parellas e ante a escalada da violencia vicaria.

Pasaron catro décadas desde que Latinoamérica marcou o 25 de novembro como o Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres en honor ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmáns asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. 20 anos despois, Nacións Unidas declaraba esa mesma data como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

En España, a Constitución de 1978 consagra, a través dos seus preceptos, a Igualdade real e efectiva, así como a plena participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social (artigo 9.2), a Igualdade de sexos (artigo 14), o dereito á vida, á integridade física e moral, sen que poida ser sometida a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes (artigo 15), o dereito da persoa á liberdade e á seguridade (artigo 17) e o dereito á intimidade persoal e familiar (artigo 18). E en 2004, a aprobación da Lei Orgánica, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, supuxo un paso máis na loita contra a Violencia de Xénero.

A pesar de todos os esforzos, a histórica desigualdade entre mulleres e homes continúa afectando non solo á súa integridade física senón ao recoñecemento da súa dignidade e é por iso que, gracias á conciencia social e ao rexeitamento da cidadanía, España foi o primeiro país en acordar, en 2017, un Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

En todo momento, as Entidades locais estivemos e seguimos estando ao lado das vítimas, impulsando o debate político para que o público deixe de ser privado; apoiando a lexítima reivindicación do dereito das mulleres a non sufrir ningún tipo de violencia; e abordando, desde un enfoque multidisciplinario, a planificación das políticas locais, o acompañamento integral ás vítimas e o desenvolvemento de medidas de sensibilización e prevención dirixidas ao conxunto da cidadanía.

Pola nosa proximidade, os Concellos, asumimos o despregamento directo de normas e plans con medidas específicas que favorecen a igualdade de oportunidades, redobramos os esforzos na detección da violencia de xénero, en todas as súas formas e en todos os seus ámbitos, e deseñamos, desde a defensa dos dereitos das mulleres, políticas integrais para superar esta, unha lacra social que rompeu miles de vidas.

Para iso, os Gobernos locais reunidos na FEMP:

                - Invitamos a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro en igualdade.

                - Recoñecemos a gravidade da violencia machista como un problema político de primeiro orde, de saúde pública e como un grave atentado aos Dereitos Humanos fundamentais.

                - Asumimos a responsabilidade no proceso de intervención con vítimas de violencia machista e defendemos o principio de separación en todas as súas fases.

                - Alertamos sobre o aumento dos asasinatos machistas e manifestamos a nosa preocupación ante a violencia vicaria e ante o desamparo que sofren os orfos e as orfas.

                - Lembramos que é preciso garantir que a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres como elemento clave para garantir a recuperación social e económica de todas as persoas a nivel global.

                - Defendemos a necesidade de promover accións globais consensuadas que garantan a continuidade das políticas dirixidas á eliminación das normas sociais discriminatorias e o reforzo dos programas de prevención e loita contra a violencia de xénero.

                - Demandamos o despregamento de proxectos e programas locais que garantan a igualdade de xénero no emprego e o apoio ao espírito empresarial das mulleres como medidas para preservar a súa independencia económica e previr a violencia de xénero.

                - Manifestamos novamente a nosa preocupación polas altas taxas de emprego temporal das mulleres que, unido á destrución e á caída do emprego advirten dun perigoso aumento da brecha de xénero.

                - Ratificamos o noso compromiso co Pacto de Estado contra a violencia de xénero e lembramos a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento.

Minuto2 Minuto3

Volver