Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instaláronse a senda, barandas e bancos de madeira e tamén se realizaron traballos de conservación nos muíños

- As actuacións foron subvencionadas con 30.000 euros da Xunta de Galicia

FervenzaObra2

Valga, 30 de novembro de 2021.

A fervenza de Parafita, no val do río Valga, é un dos espazos máis atractivos para os visitantes que se achegan ao noso concello. Forma, xunto coa fervenza de Raxoi, un conxunto de interese natural e patrimonial que inclúe, ademais, dous muíños hidráulicos rehabilitados.

Nos últimos meses, o acceso a este punto de interese turístico víase dificultado debido á situación da pasarela de madeira que permite o tránsito pola zona. O último tramo da mesma atopábase en estado moi deteriorado e completamente intransitable debido ao desgaste polo seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, impedindo que os visitantes puideran completar o percorrido e gozar desta fermosa paraxe.

Para poñer fin a esta situación, executouse durante as últimas semanas a segunda fase de reposición da pasarela, unhas obras realizadas pola empresa Construcións Lemos Martínez S.L. e que consistiron na colocación da nova base con chanzos e varandas de madeira totalmente acordes co entorno. A renovada pasarela chega ata os pés da fervenza e inclúe, no seu trazado, varios bancos tamén de madeira.

Tamén se acondicionou a subida a zona na que se atopa un dos muíños, dando continuidade á pasarela ata este punto e colocando unha varanda perimetral de madeira que garanta a seguridade dos visitantes e os protexa de posibles caídas.

Por último, acometéronse traballos de mellora e conservación nos propios muíños, entre eles a reposición das tellas das cubertas.

Este proxecto contou cunha subvención de 29.277’51 euros da Xunta de Galicia.

FervenzaObra1 FervenzaObra3

FervenzaObra6 FervenzaObra7

FervenzaObra8

Volver