Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foi o mellor da temporada na Agrupación 2, subcampión na Copa Pirelli e acabou décimo na clasificación xeral

- O Concello trasladoulle os parabéns logo de completar un ano excelente

EstebanCoton1

Valga, 2 de decembro de 2021.

Esteban Cotón López, veciño de Cimadevila, vén de proclamarse campión galego de Rallymix na Agrupación 2. A última proba, celebrada en Portas a pasada fin de semana e na que acadou o segundo posto, foi definitiva para cumprir o soño deste piloto valgués, que por primeira vez esta temporada foi quen de completar o Campionato Galego enteiro co seu Citroën Saxo e enrolado na escudería Cuntis Vila Termal.

Foron seis probas que se celebraron dende o mes de xuño en Piñor, Ribadumia, Touro, Cuntis, Barbadás e Portas. En Touro completou a súa mellor carreira, subindo ao máis alto do podio. En Portas e Cuntis foi segundo, en Piñor fixo un terceiro posto e en Ribadumia foi quinto. Barbadás foi a única carreira que non logrou completar debido a unha avaría no seu vehículo. Estes resultados valéronlle non só para ser campión da Agrupación 2, senón tamén para acadar o subcampionato da Copa Pirelli e rematar décimo na clasificación xeral de pilotos.

O balance da temporada non pode ser mellor: “Foi un ano moi bo, que vou recordar sempre. Estou moi orgulloso porque era o primeiro ano que facía o campionato enteiro e conseguín competir fronte a coches mellores e superiores ao meu e participantes con moitos máis recursos. Porque este é un deporte moi caro. gasolina, rodas, desprazamentos... e eu son un obreiro”, comenta Esteban. Por iso non deixa de dar as grazas aos seus patrocinadores, que en boa parte son os que lle permiten continuar competindo. “Valóroos moito porque son unha axuda importante para poder afrontar cada temporada”.

Aos seus 36 anos, Esteban Cotón leva catro competindo en Rallymix, pero os seus inicios no deporte de motor remóntanse a 2012 en Autocross.

EstebanCoton2 EstebanCoton3

EstebanCoton4

 

Volver