Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os usuarios participaron nunha sesión de musicoterapia e representaron unha peza teatral en defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional

- Onte remataron o Camiño de Santiago coa chegada á Praza do Obradoiro e a visita á Catedral

DíaCodi1

Valga, 3 de decembro de 2021.

As actividades da Semana da Discapacidade programadas no CODI dende o pasado luns tiveron hoxe o seu colofón cunha xornada de portas abertas para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade. Os usuarios recibiron as visitas de familiares e achegados e estiveron tamén acompañados polo alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras de Benestar Social, Begoña Piñeiro, e de Formación e Emprego, Carmen Gómez.

Durante a mañá houbo exposición e venda dos produtos elaborados no obradoiro de xabóns “Descubrindo aromas e perfumes” e os usuarios participaron nunha sesión de musicoterapia e representaron unha pequena peza teatral en defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional.

Proxectouse o vídeo da adaptación que o CODI, coa colaboración da Escola Municipal de Música, fixo da canción “Vivir” de Rozalén e, despois os asistentes, puideron degustar galletas elaboradas polos usuarios.

Durante esta semana de reivindicación da plena inclusión das persoas discapacitadas, os usuarios do CODI particiaparon en diversas actividades culturais e lúdicas coma un obradoiro de expresión corporal e pintura ou unha sesión de cine. Onte remataron o Camiño de Santiago coa chegada á Praza do Obradoiro e a visita á Catedral, á que entraron pola Porta Santa.

DíaCodi2 DíaCodi3

DíaCodi4 DíaCodi5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver