Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A obra inclúe a reparación do muro e o seu pintado completo

- Tamén se está a substituír a vella rede metálica por outro valado máis firme e alto

PecheBaño1

Valga, 2 de decembro de 2021.

A Consellería de Educación está a executar unha nova actuación de mellora do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza que reforzará a seguridade do recinto.

A obra consiste no acondicionamento do peche perimetral do colexio e afecta tanto á parte de muro coma ao valado metálico. No tocante ao muro, que ten case cincuenta anos de antigüidade, estase a reforzar a cimentación en certos puntos nos que se atopaba descalza, ademais de repararse as fendas e outros danos do valo. A actuación tamén contempla o pintado completo do muro e a colocación dunha soleira.

Por outra parte, a reforma financiada pola Xunta inclúe a substitución da vella rede que aínda perduraba nalgúns tramos por outro valado metálico máis firme e alto, como continuación doutra fase xa executada con anterioridade.

Os traballos foron contratados á empresa local Pabesa Senín S.L.

PecheBaño2 PecheBaño3

Volver