Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación para mellorar a seguridade foi financiada a través dun convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Xunta

- O investimento alcanzou os 80.000 euros, habilitándose zonas de circulación diferenciadas para peóns e vehículos

SendeiroPino1

Valga, 22 de decembro de 2021.

Os peregrinos que realizan o Camiño Portugués contan cun novo tramo de sendeiro no lugar de O Pino. Este camiño, que discorre en paralelo a unha estrada municipal, foi executado nas últimas semanas e financiado a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia, cun investimento de 80.000 euros.

O obxectivo desta actuación é reforzar a seguridade neste punto do Camiño, no que ata o de agora os peregrinos tiñan que transitar pola estrada. As obras consistiron na creación dun sendeiro para que peóns e vehículos conten con zonas de circulación separadas, evitando así situacións de risco que poidan poñer en perigo a seguridade viaria.

A senda ten uns dous metros de ancho e o pavimento é de xabre mellorado e discorre dende a ponte sobre a autopista AP-9 ata as inmediacións do antigo campo de fútbol do Pino. Neste punto, a Ruta Xacobea desvíase de novo da estrada e continúa tamén en forma de sendeiro por unha zona de monte en dirección a San Miguel, un dos tramos máis fermosos do Camiño Portugués.

O goberno municipal a través do alcalde, José María Bello Maneiro, transmite o “agradecemento a os propietarios que cederon desinteresadamente os terreos” para que este proxecto poida ser unha realidade.

SendeiroPino2 SendeiroPino3

Volver