- Actuarase en viais de Casaldeirigo, A Devesa, Ferreirós, Barro, Loura, Cernadas, Carracido, A Torre e Vilar-Vilarello
- As actuacións inclúen a limpeza das marxes, a pavimentación e a instalación de redutores de velocidade
Valga, 23 de decembro de 2021.
O Concello executará proximamente un novo proxecto de mellora das infraestruturas viarias a través da pavimentación de estradas de titularidade municipal para ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.
Nesta ocasión actuarase sobre nove viais, pistas e camiños dos lugares de Casaldeirigo, A Devesa, Ferreirós, Barro, Louro, Cernadas, Carracido, Villar-Vilarello e A Torre. Estas estradas atópanse en malas condicións e presentan danos debido ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, o que fai necesario unha actuación de reparación.
Os viais serán pavimentados con aglomerado en quente e, ademais, levaranse a cabo traballos de limpeza das marxes e reapertura de cunetas. Tamén se contempla o recrecido das tapas de rexistro e a instalación de redutores de velocidade para reforzar a seguridade viaria.
Investiranse un total de 195.949’40 euros, que se financian a través do Plan Concellos.
As obras acaban de saír a contratación e as empresas teñen de prazo ata o 17 de xaneiro para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de contratación electrónica da Consellería de Facenda.