- Elías Sanmarco, responsable da acción solidaria, entregoullos esta mañá os produtos á concelleira Carmen Gómez
- Os produtos, entre os que hai gallegas, chocolate ou zumes, foron aportados pola empresa Indalsu
Valga, 29 de decembro 2021.
O Concello vén de recibir sete lotes de alimentos doados polo “Show dos Pallasos” para a súa distribución entre outras tantas familias do municipio que teñen menores ao seu cargo e que se atopan en situación de vulnerabilidade.
Os produtos foron entregados esta mañá na Casa Consistorial por Elías Sanmarco, responsable do “Show dos Pallasos” e promotor desta iniciativa solidaria, á concelleira Carmen Gómez.
Os lotes inclúen unha serie de produtos especialmente pensados para edulcorar o Nadal aos máis pequenos. Hai galletas, cacao en polvo, leite condensada, chocolate, marmelada, zume e froita en almíbar. Tamén hai en cada caixa mascarillas de protección ante a Covid-19. Todos os produtos foron aportados pola empresa Indalsu.
En total, o “Show dos Pallasos” repartiu nestas datas de Nadal noventa lotes de alimentos entre os municipios de Valga, Pontecesures e Padrón. No caso de Valga, os lotes serán distribuídos polo departamento de Servizos Sociais entre familias sen recursos ou en risco de exclusión.