Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O nacemento pode visitarse de xeito gratuíto e no seu horario habitual ata o domingo, día 9

- A partir desa data e ata setembro será necesario solicitar cita previa para velo

BelenVisitas22

Valga, 3 de xaneiro de 2022.

Máis de 20.000 persoas pasaron polo Belén Artesanal en Movemento durante as últimas catro semanas do mes de decembro, dende que fora inaugurado o día 5.

Visitantes chegados de toda Galicia, diferentes zonas de España e incluso algúns do estranxeiro –sobre todo, Portugal– aproveitaron estas datas de Nadal para achegarse ao nacemento de Campaña na que é a súa vixésimo sétima edición. Estas cifras reflexan que a frenética actividade que era habitual no Belén Artesanal antes da pandemia está a recuperarse, así como o número de excursións, visitas escolares e de asociacións e outros colectivos que no anterior Nadal foran practicamente inexistentes.

Queda aínda por diante unha semana de apertura, ata o domingo día 9, cando está prevista a clausura. Ata entón o Belén pode visitarse de xeito gratuíto de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas; os sábados de 17:00 a 20:30; e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:30 pola tarde.

A partir do día 9 e ata o mes de setembro os grupos organizados poden seguir visitando o nacemento concertando cita a través do teléfono 630 95 25 15.

Con máis de 4.000 figuras dispostas nunha superficie duns 400 metros cadrados, o Belén Artesanal é nacemento articulado máis grande de Galicia e un dos máis peculiares polo seu contido, que conxuga a tradición do propia do Nadal, con costumes e paisaxes galegas, persoeiros famosos en distintos ámbitos e acontecementos de sona local, nacional e internacional. As figuras son artesanais, feitas a man polos membros da asociación Amigos do Belén, encargada de renovar cada ano a montaxe.

Nesta edición o volcán Cumbre Vieja en plena erupción e os Xogos Olímpicos son as escenas que acaparan máis miradas.

Volver