Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un grupo de 34 nenos de 1º e 2º de Primaria coñeceron o pasado de Valga e os seus principais recursos naturais, culturais e turísticos

-  Un dos responsables do Museo guiounos polas instalacións e explicoulles os contidos que se expoñen

museo1

 Valga, 3 de marzo de 2018.

O Museo da Historia de Valga recibiu ao mediodía de onte a un grupo de escolares do CPI Pontecesures.

Os 34 nenos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria que participaron na visita puideron coñecer, así, o pasado de Valga, o seu territorio e recursos naturais, episodios de relevancia histórica como a Batalla de Casaldeirigo ou algúns dos restos arqueolóxicos rescatados dos xacementos Igrexa Vella e Mercado dos Mouros.

Guiados por un dos responsables do Museo, que lles explicou de forma amena e didáctica os contidos do mesmo, os rapaces aproximáronse tamén ás figuras de Xesús Ferro Couselo e da Bella Otero, da que se cumpre neste 2018 o 150 aniversario do seu nacemento.

museo2

Volver