Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As visitas, que serán individuais e cumprindo as medidas anti-Covid, terán lugar o día 15 de febreiro

- O prazo de solicitudes para a admisión de novos alumnos abrirá a comezos do mes de marzo

CRAEscolaVilarelloInterior

Valga, 31 de xaneiro de 2022.

O Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga organiza unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e tamén o proxecto educativo que se desenvolve nas seis escolas rurais que o conforman (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza), nas que se imparte segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).

A xornada, a través da que se divulgará proxecto educativo do centro, terá lugar o día 15 de febreiro a partir das 16:00 horas, preferiblemente con cita, que pode solicitarse a través do teléfono 986 15 17 24. As visitas serán individualizadas para cumprir con todas as medidas de prevención da Covid-19.

Nesta actividade poden participar familias, tanto de Valga coma doutras localidades, interesadas en matricular os seus fillos ou, simplemente, en coñecer o funcionamento do CRA e das súas escolas rurais.

Coa mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro educativo público, o CRA de Valga destaca pola adaptación ás características da súa contorna e ás necesidades do alumnado, promovendo un ambiente educativo familiar nun entorno natural próximo que facilita a adaptación dos nenos. Nas aulas aplícanse metodoloxías vivas e activas, con profesorado en continua formación e con ratios baixas de alumnos, o que permite ofrecer unha atención individualizada e pesonalizada, adaptándose ás características e necesidades de cada neno.

Durante a xornada de portas abertas ofrecerase información aos participantes sobre o proceso de matrícula de cara ao vindeiro curso 2022/2023. O prazo de presentación de solicitudes para a admisión de novos alumnos abrirá a comezos do mes de marzo.

XornadaCRA

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver