Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investiranse 120.661 euros nos lugares de Ceneira, Cernadas, Moldes, Vilarello, Forno e Chenlo

- Ademais dos colectores, tamén se instalará un pozo de bombeo

SaneamentoCM1

Valga, 3 de febreiro de 2022.

O Concello sacou a licitación un novo proxecto de saneamento que permitirá seguir dotando de rede de sumidoiros a aqueles lugares que aínda non contan con conexión ou acceso ás redes xerais, tendo que servirse na actualidade de pozos negros ou vertendo en superficie as súas augas residuais, o que pode provocar problemas de salubridade.

Neste caso as obras executaranse nos lugares de Moldes, Vilarello, Cerneira, Forno, Chenlo e Cernadas e consistirán na colocación de colectores con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así coma os correspondentes pozos de rexistro e un pozo de bombeo.

O investimento que se realizará ascende a 120.661’43 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación. Con estas melloras, os residentes nas zonas incluídas no proxecto poderán evacuar as súas augas residuais a través da rede municipal de sumidoiros, eliminando pozos negros e fosas sépticas e evitando posibles focos de contaminación ambiental.

As empresas teñen de prazo ata o día 28 de febreiro para presentar as súas ofertas.

Volver