Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estase a instalar máis dun quilómetro de canalizacións cos seus pozos de rexistro

- Os traballos lévanse a cabo en Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza

SaneamentoCM1

Valga, 15 de outubro de 2021.

As obras para a mellora dos servizos que se prestan aos veciños continúan desenvolvéndose en distintos puntos do municipio. Acondicionamento de estradas, ampliación de beirarrúas, creación de prazas de estacionamento e tamén actuacións na rede de saneamento.

Estas últimas están executándose nos lugares de Bronllo-Cernadas, Vilarello, Centro médico-Charca e Bouza por parte da empresa Covsa e cun investimento de 112.343 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación.

A actuación permitirá dotar a estas zonas de rede de sumidoiros coa instalación de máis dun quilómetro de novas canalizacións con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así coma os correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometida das vivendas.

Deste xeito mellorarase a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas existentes nestas zonas, eliminando os pozos negros e fosas sépticas existentes e evitando así posibles focos de contaminación ambiental.

SaneamentoCM2            SaneamentoCM4

Volver