- No recinto deportivo estanse a investir máis de 127.500 euros

- Ademais, os alumnos do Obradoiro de Emprego están a realizar obras de mellora na zona de vestiarios

PavillónBeiroObras1

Valga, 14 de outubro de 2021.

O pavillón municipal de Cordeiro é obxecto de varias obras de mellora e acondicionamento que afectan ao exterior do recinto e ás estruturas metálicas, cun investimento superior aos 127.500 euros, que financian conxuntamente o Concello e a Vicepresidencia Primeira da Xunta.

Unha das actuacións que está en execución é a substitución e mellora das fachadas de chapa metálica nas caras norte e leste do edificio, que conta con ximnasio, pista polideportiva, vestiarios e aseos, gradas e zona de recepción. Nel practícanse asiduamente fútbol sala, baloncesto, tenis, patinaxe, así coma outras actividades deportivas.

Esta obra pretende resolver a situación de deterioro que presenta a cobertura de chapa para, así, mellorar o illamento e eliminar as humidades.

Por outra parte, estase a levar a cabo o acondicionamento das estruturas metálicas do pavillón, que se atopaban deterioradas debido á súa antigüidade, preto de trinta anos. Estes traballos consisten na limpeza superficial e retirada de óxido e corrosión nas zonas en peor estado e a aplicación de pintura especial para ferro, co correspondente lixado e aplicación de imprimación.

Levarase a cabo o pintado das cerchas da cuberta e correas metálicas na zona de pista e gradas, de todos os pilares metálicos e das vigas e correas metálicas de cuberta nas zonas de subida das escaleiras e nas saídas de emerxencia. Tamén se pintarán as varandas da zona de gradas e as portas metálicas exteriores.

Ambas actuacións son executadas pola empresa Zona de Obra O Rosal.

As obras que afectan nestes momentos ao pavillón complétanse coa mellora da zona de vestiarios e aseos que realiza do alumnado do módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña-Valga”. Durante as últimas semanas levaron a cabo tarefas de repicado de azulexos e plaqueta, creación de novas divisións para as duchas e aseos e a colocación revestimentos.

PavillónBeiroObras2 PavillónBeiroObras3

PavillónBeiroObras5 PavillónBeiroObras6

PavillónBeiroObras4 

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver