Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Visitaron a sede da entidade en Santiago, un antigo curtidoiro rehabilitado á beira do río Sarela

- Recibiron información sobre a bolsa de emprego que xestiona a Fundación e entregaron os seus currículos

FundacionConstrucion1

Valga, 7 de outubro de 2021.

O alumnado do módulo de albanelería do Obradoiro de Xóvenes Moraña-Valga participou onte nunha acción formativa na sede da Fundación Laboral da Construción de Galicia. Os aprendices desprazáronse a Santiago de Compostela acompañados polo experto docente da súa especialidade, a directora do Obradoiro e a administrativa.

Á súa chegada á Fundación foron recibidos pola orientadora laboral, o técnico de emprego e o arquitecto da entidade, que os guiaron polas instalacións. Estas emprázanse en Pontepedriña de Arriba, á beira do río Sarela, nun antigo curtidoiro que foi rehabilitado. Os representantes da Fundación explicáronlles aos alumnos como se levou a cabo a recuperación do antigo taller de peles, conservando a tipoloxía construtiva pero adaptándoa ás necesidades propias da Fundación.

A visita incluíu unha xornada de orientación na que se explicaron as actividades formativas que a Fundación Laboral da Construción leva a cabo dende a súa fundación e proxectouse un vídeo con algunhas das técnicas máis vangardistas que se empregan neste sector. Os participantes no Obradoiro tamén foron informados sobre a bolsa de emprego que xestiona a Fundación e entregaron os seus currículos co obxectivo.

Dende a dirección do Obradoiro, conxuntamente cos departamentos de Orientación Laboral dos concellos de Valga e Moraña, estase a traballar na inserción laboral do alumnado, realizando contactos con diferentes empresas relacionadas coas dúas especialidades que se imparten: albanelería e forestais. Froito deste traballo, un alumno do módulo de forestais foi contratado esta semana nunha empresa da comarca.

O Obradoiro Xóvenes Moraña-Valga, que deu comezo en novembro de 2020 e ten un ano de duración, está a piques de rematar a súa actividade. Contou coa participación de dezaseis mozos desempregados dos dous municipios promotores e foi cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91’89%, a través do Programa Operativo 2014-2020.

FundacionConstrucion2 FundacionConstrucion3

FundacionConstrucion4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver