Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade promove a expresión e a superación persoal a través da arte

- Será impartida todos os venres a partir de mañá nas dependencias do CODI

TERAPIACREATIVACARTEL

Valga, 30 setembro de 2021.

O Centro de Información á Muller (CIM) pon en marcha unha nova actividade no marco do proxecto de intervención e prevención con mulleres en situación de vulnerabilidade posto en marcha coa colaboración da Deputación.

Trátase dun obradoiro de Terapia Creativa que se desenvolverá todos os venres a partir de mañá entre as 17:00 e as 19:00 horas nas instalacións do CODI, en Baño. Diríxese a mulleres vulnerables e a vítimas de violencia de xénero.

Este taller constituirá un espazo de participación grupal para a realización de actuacións de prevención e tratamento da violencia de xénero, tratando de transformar situacións traumáticas das vítimas a través de diferentes medios expresivos e de comunicación, dotando ás participantes de ferramentas para poder enfrontarse mellor a determinadas circunstancias.

O obxectivo é crear un ambiente de cambio ante os problemas, tendo a alternativa de observalos dende un entorno enriquecedor para reducir o impacto socio-emocional producido por situacións extremas.

Volver