Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As alegacións presentadas polo grupo socialista quedaron rexeitadas

- A Corporación aprobou por uninimidade unha moción instando á Xunta a retomar a atención presencial no Centro de Saúde, un servizo que xa se está ofrecendo dende mediados de setembro

EscudoConcelloo

Valga, 29 de setembro de 2021.

A Conta Xeral do pasado exercicio 2020 quedou aprobada definitivamente polo Pleno, cos votos a favor do grupo de goberno e en contra do grupo socialista. O concelleiro das Mareas non asistiu ás sesións ordinaria e extraordinaria celebradas de forma consecutiva onte á noitiña.

O alcalde, José María Bello Maneiro, destacou que o exercicio 2020 se pechou cun remanente de 98.359 euros e que a diferenza sobre o orzamento de 5.631.089 foi de apenas 22.000 euros.

A aprobación definitiva da conta conlevou o rexeitamento das alegacións que foran presentadas polo PSOE.

Tamén foi aprobada, por unanimidade, unha moción do grupo socialista para instar á Consellería de Sanidade a restaurar a atención presencial no Centro de Saúde. O alcalde e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, aclararon que dende mediados do mes de setembro no Centro Médico de Baño xa se retomaron as consultas presenciais “para todos aqueles pacientes que así o demandan”.

En cambio, foi rexeitada cos votos en contra do grupo de goberno, outra moción que reclamaba a instauración do comedor no colexio Xesús Ferro Couselo, posto que na actualidade non existe demanda deste servizo por parte da comunidade educativa do centro.

Por último, no Pleno ordinario deuse conta do informe anual de control interno do ano 2020, do informe sobre cumprimento dos prazos de pagamento do segundo trimestre de 2021, o informe de execución trimestral do orzamento e do Plan anual de control financeiro de 2021.

Volver