Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A instalación facilitará o subministro de estruturante obtido de restos vexetais aos veciños que contan con composteiros

- O investimento nestas obras, cofinanciadas entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, ascende a 49.808 euros

ObrasNave1

Valga, 27 de setembro de 2021.

A empresa local Pabesa Senín S.L. foi a adxudicataria das obras de construción e acondicionamento dun punto de tratamento de restos vexetais e acopio de material estruturante, no entorno do Punto Limpo municipal, nunhas parcelas adquiridas polo Concello.

Estase a instalar unha estrutura metálica de 15x10 metros de dimensións aproximadas, que estará pechada na parte traseira e nun dos seus laterais e terá unha cuberta a dúas augas e solo de formigón. Nela acumularanse os restos de poda e limpeza resultantes dos traballos de xardinería efectuados no municipio para trituralos e empregalos como estruturante para o proceso de compostaxe, tanto comunitaria como individual.

Esta actuación é sufragada entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dunha liña de subvencións en materia de residuos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020. O investimento ascende a 49.808 euros.

ObrasNave2

Volver