Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade gratuíta foi organizada polas bibliotecas municipais no marco do programa “Ler conta moito”

- O vindeiro día 5 terá lugar na Casa da Cultura de Valga o contacontos “Díxoo Thais e non se fale máis”

XanPerillán1

Valga, 27 de setembro de 2021.

Nenos e familias de Valga asistiron o venres  no Auditorio Municipal ao espectáculo “Xan Perillán e a maleta máxica”, que puxo en escena a compañía Monicreques de Kukas, e no que se misturaron diferentes disciplinas teatrais e artísticas coma o clown, a pantomima, a maxia e a manipulación de marionetas.

A obra estivo protagonizada por Marcelino de Santiago, que encarnou a Xan Perillán, un home afortunado ao que lle tocou  unha viaxe a Pernambuco, un lugar que tivo que atopar coa axuda dos nenos do público e da súa maleta máxica.

Esta actividade estivo organizada polas bibliotecas municipais no marco do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, promovido pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellería de Cultura e Educación.

Nas vindeiras semanas haberá novas funcións para os rapaces e as súas familias, tanto no Auditorio coma na Casa da Cultura de Valga. A próxima actividade será o contacontos “Díxoo Thais e non se fale máis”, o día 5 de outubro a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura. O 22 de outubro a compañía Títeres Cachirulo estará no Auditorio co espectáculo “A cabeza do dragón”, e o 25 do mesmo mes pecharase a programación de “Ler conta moito” con “A festa dos monicreques” na Casa da Cultura”.

Todas estas actividades son gratuítas.

XanPerillán2 XanPerillán3

XanPerillán4           XanPerillán5

Volver