Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investiranse máis de 20.000 euros para completar o acondicionamento dos accesos á esta paraxe

- Os traballos acaban de ser adxudicados á empresa Construcións Lemos Martínez

PasarelaFervenzaDanos

Valga, 24 de setembro de 2021.

O Concello dará comezo proximamente ás obras da segunda fase de reposición da pasarela da fervenza de Parafita, co obxectivo de recuperar un dos principais puntos de interese turístico do municipio de xeito que os visitantes poidan percorrer, por completo e con seguridade, este entorno natural.

O proxecto, no que se investirán 20.183 euros, acaba de ser contratado polo Concello á empresa Construcións Lemos Martínez S.L., que se encargará de instalar o último tramo da pasarela de madeira que permite acceder ata a zona máis próxima á fervenza. Na actualidade a instalación atópase en estado moi deteriorado e completamente intransitable debido ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, o que impide aos visitantes completar o percorrido e gozar desta paraxe en todo o seu esplendor.

Estes traballo darán continuidade aos executados hai uns meses, cando se repuxo o primeiro tramo da pasarela e tamén se instalaron novas varandas de seguridade no camiño de acceso á fervenza.

Queda pendente de executar unha terceira fase desta actuación, que incluirá diferentes reparacións e o acondicionamento dos muíños e do seu entorno.

Volver