- A primeira sesión terá lugar o xoves, día 30, a partir das 17:00 horas no Auditorio
- As persoas interesadas en participar poden inscribirse no CIM ou no Auditorio, e tamén por teléfono (636 75 79 69)
Valga, 24 de setembro de 2021.
A Concellería de Igualdade e Benestar Social organiza un obradoiro de autoestima dirixido ás mulleres de Valga e que dará comezo o vindeiro xoves, 30 de setembro, no Auditorio Municipal cunha xuntanza partir das 17:00 horas.
Esta actividade é continuación doutra celebrada en maio e que se centrou nas habilidades sociais. En conxunto, trátase dunha acción que trata de ofrecer ferramentas prácticas de intervención e prevención ás mulleres de Valga en situación de vulnerabilidade. Haberá unha primeira xornada colectiva, o xoves, e a continuación sesións individuais enfocadas a crear un espazo seguro para a abordaxe do empoderamento feminino a través do tratamento de diferentes contidos relacionados co crecemento persoal e o desenvolvemento da autonomía.
As mulleres interesadas en participar poden inscribirse no CIM, no Auditorio, a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 636 75 79 69 e 659 06 37 14. O prazo estará aberto ata o martes
A actividade forma parte do proxecto de intervención e prevención con mulleres en especial vulnerabilidade presentado polo Concello ante a Deputación para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.