- Josefina Rodríguez Touceda, residente no Carballiño, cumpriu hai uns días os cen anos de idade
- Valga conta na actualidade con catro persoas que superan o século de vida
Valga, 22 de setembro de 2021.
Valga conta dende hai uns días cunha nova veciña centenaria, Josefina Rodríguez Touceda, residente no Carballiño.
O pasado 11 de setembro cumpriu 100 anos e, con ese motivo, recibiu a visita da concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a felicitou en representación do goberno municipal e lle fixo entrega dunha placa conmemorativa coa lenda “O Concello de Valga a Josefina Rodríguez Touceda no día do seu 100 aniversario”.
Valga conta nestes momentos con catro veciños que superan o século de vida. A muller máis lonxeva é María Bouzas Senín, de Cerneira, que cumpriu en xullo 105 anos. Hipólito Cerqueiras Pardal, de Moldes, e Regina Grela Fernández, de Campaña, cumpriron os 101 tamén durante o verán.