- A actividade, na que colaboraron o Concello e o club Río Ulla, clausurouse este martes
- As sesións desenvolvéronse os martes e xoves no pavillón municipal de Baño
Valga, 1 de setembro de 2021.
A escola deportiva de baloncesto, unha actividade que se desenvolveu durante o verán grazas á colaboración entre o Concello e o club Río Ulla, clausurouse este martes despois de dous meses de sesións nas que participaron unha media de 25 nenos nados entre os anos 2007 e 2015.
As sesións impartíronse os martes e xoves dos meses de xullo e agosto no pavillón municipal de Baño e tiveron un carácter lúdico ao tempo que se fomentou a práctica do deporte entre os máis novos. Tratouse de ampliar a oferta de actividades para os rapaces durante o período de vacacións estivais e, ao mesmo tempo e dende o punto de vista do club organizador, promover a práctica do baloncesto e tratar de captar novos valores para o equipo, con sede en Pontecesures.
De feito, algunhas das familias xa trasladaron o seu interese en incorporar aos seus fillos á disciplina do C.B. Río Ulla.